Elena Zernova, primeira tradutora da literatura galega ao ruso, visitou este mércores a Facultade de Filoloxía e Tradución convidada polo grupo de investigación Bitraga, Biblioteca de Tradución Galega.
Comezou a estudar o galego a finais dos anos setenta sen telo escoitado nunca e máis de trinta anos despois coordina un proxecto de tradución de obras galegas ao ruso que se iniciou nos anos 90 e que leva publicados xa 18 tomos.