“Non é unha situación fácil no momento actual, pero si hai oco. A literatura infantil e xuvenil sempre visibiliza aos tradutores, algo quen na maior parte dos casos non pasaba hai pouco máis dunha década”, explicoulle aos asistentes Isabel Mociño, que criticou a falta de incentivos para a xente nova que se está formando e que busca unha saída profesional, pese a que na actualidade xa se demostrou a importancia da formación do tradutor e de evitar a tradución dende linguas intermedias.