Servizo

Uvigo-TV é un servizo de televisión por Internet prestado pola Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da Vicerreitoría de Novas Tecnoloxías e Calidade da Universidade de Vigo.

Agrupa tódolos servizos de transmisión de vídeo sobre Internet da Universidade de Vigo, poñendo á disposición dos usuarios da Universidade contidos audiovisuais de carácter educativo e institucional. Uvigo-TV, como televisión corporativa sobre Internet, permite a transmisión en directo de eventos a toda a rede de Uvigo ou a todo Internet, según se desexe. A súa recepción faise a través do computador persoal coa mesma facilidade que a visión dunha páxina web. Asimesmo, este sistema permite gravar eses eventos e facelos dispoñibles baixo demanda a través da Videoteca de Uvigo-TV.

Preguntas frecuentes
  1. ¿Cómo podo solicitar o servicio de gravación e retransmisión? Se eres membro da comunidade universitaria (alumn@, PDI ou PAS) envía un correo electrónico a tv@uvigo.es indicando data, hora e lugar de celebración do evento.
         NOTA: Para a retransmisión de actos e o depósito de documentos na mediateca de Uvigo-TV son necesarios os permisos legais dos poñentes. Proporcionarémoschos e pedirémosche o teu apoio para completalos.
  2. Estou interesado en retransmitir en directo o evento que organizo e necesito interectuar co público, ¿é isto posible? Podemos activar un chat xunto ao reproductor do vídeo en directo, onde o público remoto pode publicar as súas preguntas e comentarios.
  3. Vou retransmitir o meu evento. ¿Podo difundir previamente o URL polo que se podera ver a retransmisión? Sí, cada evento ten un URL específico. Só tes que solicitalo no momento de facer a solicitude de cobertura.
  4. Pódese restrinxir o acceso ás retransmisións en directo e/ou aos vídeos gravados e publicados en tv.uvigo.es para consumo baixo demanda? Sí, podemos filtrar el acceso a tus vídeos bajo password. Só tes que solicitalo no momento de facer a solicitude de cobertura.
  5. ¿Podo solicitar copia dixital dun vídeo publicado en UvigoTV? Pode solicitar copia de un ou varios vídeos, o/a promotor@ do evento gravado ou @s conferenciantes. Se este é o seu caso envíanos un correo a tv@uvigo.es e te enviaremos copia dixital por medios telemáticos.
  6. ¿Cómo podo saber se o evento que me interesa se retransmitirá por UvigoTV? Entrando na páxina de Directos.
  7. No caso de ter outra situación que non se atopa nesta lista, non dubide en poñerse en contacto con nós en tv@uvigo.es
Página Servicios