A proxección cinematográfica como soporte pedagóxico no ensino do dereito penal
Nas xornadas cada profesor fará unha breve presentación da súa experiencia sobre calquera actividade de innovación educativa realizada individualmente ou en grupo. É moi importante para a mellora da docencia difundir as prácticas innovadoras realizadas polos profesores. O intercambio de vivencias axuda aos que as fixeron a reflexionar sobre o camiño seguido, as dificultades e os logros acadados e o resto pode servirlles para mellorar a súa práctica.