Un sistema illado, no que as propiedades macroscópicas non varían, é un sistema en equilibrio. Por tanto, o equilibrio, nos sistemas químicos, maniféstase, segundo a natureza das sustancias que o constitúen despois dunha reacción total, despois dunha reacción incompleta ou por ausencia de reacción. Explícanse neste vídeo os conceptos básicos de equilibrio aplicados ás reaccións químicas