Todo procedemento químico supón a transformación dunha ou varias sustancias -materias primas- mediante unha serie de procesos que modifican as súas características físicas ou químicas até obter compostos útiles que demanda o mercado -produtos-. En ocasións, xunto a estes, aparecen outros compostos non desexados e inevitables -subproducos- que poden ter valor para outros fins. Coñecer o concepto de balance de materia é fundamental no eido da Enxeñaría química e é o obxecto desta presentación