A primeira tese doutoral da universidade española sobre tradución e paratradución de videoxogos tiña que presentarse na Universidade de Vigo. Ramón Méndez González, doutorando do Grupo T&P, preséntanos a súa investigación sobre a textualidade e a paratextualidade na tradución audiovisual e multimedia, cos videoxogos como corpus. Unha crítica e exhaustiva análise sobre os aspectos teóricos, formativos e profesionais mais sobresaíntes do rico mercado da localización dos videoxogos. O doutorando non esquece tratar o importante tema do servizo de interpretación nos encontros internacionais do sector dos videoxogos.