IES Terra de Turonio
Ponte... nas Ondas! é unha experiencia educativa que se vén
desenvolvendo dende o ano 1995 grazas á cooperación entre centros
educativos de Galicia e Portugal xunto con outras escolas de
Latinoamérica como Brasil, Cuba, Chile, Colombia ou Arxentina.
Nesta XVII edición móstrase a realización da primeira BIBLIOTECA VIVA
realizada con historias de vida achegadas polos centros educativos
participantes. Nela, as persoas-libro convidan a indagar e a descubrir
aspectos novos sobre as súas vidas e pretende achegar coñecementos
dunha maneira amena, directa e participativa.