Grao en Xeografía e Historia nas modalidades presencial e semipresencial

Fai historia con nós

13572 visualizacións 1 de xuño de 2015

A Facultade de Historia ubicada no campus de Ourense imparte o Grao en Xeografía e Historia nas modalidades presencial e semipresencial. Tras unha longa traxectoria nestas áreas tanto a nivel docente como investigador. As maiores vantaxes da nosa titulación son a atención personalizada, avaliación continua, uso da nube para facilitar o acceso aos materiais docentes, grupos reducidos e un campus integrado na cidade.