Presentación da colección iBroLiT

Estudos iberorrománicos de literatura e tradutoloxía

1879 visualizacións 27 de mar. de 2014

Estudos Iberorrománicos de Literatura e Tradutoloxía (iBroLiT) é unha colección creada polo Grupo de investigación GAELT da Universidade de Vigo, dentro dos estándares da revisión por pares. O seu obxectivo principal é estimular a investigación no eido dos estudos literarios iberorrománicos, dos estudos de tradución e da intersección entre ambos, xunto con outras (sub)disciplinas. A súa concepción transdiciplinar tenta aproximar e comprender as diferentes formas e manifestacións de fenómenos culturais iberorrománicos, con especial atención ao galego, a Lusofonía e os estudos de tradución.

Gabriel Pérez Durán
Grupo de Análise e Estudo da Literatura e de Tradutoloxía, Universidade de Vigo
Dª. Teresa Bermúdez Montes
Profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución
Burghard Baltrusch
Director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, Universidade de Vigo
D. Manuel Forcadela
Profesor Titular na Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo, Doutorouse en Filoloxía Galaico-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre a poesía de Eduardo Pondal. Traballou como profesor invitado no Graduate Center da CUNY (City University of New York). Colabora habitualmente en revistas e xornais, e é autor de máis dunha vintena de obras que abranguen a poesía, a narrativa e o ensaio literario.
D. Anxo Angueira
Profesor Titular na Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo

Presentación da colección iBroLiT

Estudos iberorrománicos de literatura e tradutoloxía

Gabriel Pérez Durán - Grupo de Análise e Estudo da Literatura e de Tradutoloxía