Freedom-suite. To be contendede

para coro e banda

1909 visualizacións 19 de xuño de 2014

THE SECOND SACRED CONCERT

Duke Ellington é considerado pola crítica como un dos máis importantes e influentes compositores de jazz da historia, xunto a Louis Armstrong, Char¬lie Parker e Miles Davis. Chegou a escribir unhas 2000 pezas musicais duran¬te toda a súa vida, aínda que as creadas en anacos de papel extraviados son incontables, polo que se estima que o total de obras compostas chega ata 5000 pezas. Entre estas, destacan os seus Sacred Concerts, segundo Ellington a música máis importante que xamais escribira, pero por mor da escala da música e a gran cantidade de artistas necesarios para executar cada traballo, os Sacred Concerts de cando en cando realizáronse desde a súa morte en 1974.

Entre 1965 e 1973, Ellington escribiu tres obras masivas que combinan elementos de jazz, música clásica, música coral, espirituais, gospel, blues e danza. El chamounos concertos sagrados e tiveron lugar nas igrexas e catedrais de todo o mundo nos seguintes anos:
1965: primeiro concerto de música sacra na catedral da Graza en San Francisco.
1968: segundo concerto de música sacra na catedral de St. John en Nova York e na catedral de San Marcos, en New Canaan, Connecticut.
1973: terceiro concerto sagrado na abadía de Westminster, en Londres. Exactamente sete meses despois Duke Ellington morreu.

Hoxe escoitaremos o segundo concerto sacro. Esta obra está dedicada ao Rvdo. John Garcia Gensel, pastor luterano.


Praise God

para coro e banda

Heaven

para só de soprano, coro e banda

Freedom

para coro, saxo alto e sección de ritmos

Word you heard

para coro e banda

Freedom is a Word & Sweet, fat and that

para coro, recitadora e sección de ritmos

Freedom & To be contendede

para coro, coro falado e banda

The majesty of god

para só de soprano, coro e banda

Come Sunday

para só de soprano e coro

David Danced befote de Lord

para só de percusión, coro e banda

Almighty God

para coro e banda

Too Good To Title (TGTT)

para só de soprano e piano

Praise God and Dance. Finale

para só de soprano, coro e banda