Conferencia sobre a tecnoloxía e a tradución por Rocío Abelleira Zataraín presentada por Óscar Ferreiro Vázquez. A tecnoloxía é un requisito, unha vantaxe e unha necesidade para o tradutor profesional actual. Nesta presentación analizaremos como a tecnoloxía permite automatizar tarefas e incrementar a produción e calidade das traducións, e farémolo mediante exemplos prácticos con algunhas das ferramentas máis habituais que empregan os profesionais da tradución.