Conclusions e clausura do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía

Intervención de Xavier Simón

1150 visualizacións 17 de xuño de 2016

O Congreso Internacional de Agroecoloxía está organizado polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía e, nesta sexta edición, conta coa participación de 200 agroecólogos e agroecólogas de Europa e Latinoamérica que compartirán experiencias e debates na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do campus de Vigo. Xavier Simón, director do grupo, explicaba na inauguración que este simposio “tenta ser unha combinación de ciencia e de sabedoría, un espazo no que se encontren homes e mulleres que traballan no eido científico pero tamén homes e mulleres que traballan directamente coa terra, cos problemas aos que nos enfrontamos os seres humanos”. No acto de apertura tamén o definiu como “un espazo político, que non partidista, porque nos manifestamos clara e rotundamente por novos modelos de alimentación pero tamén en contra do TTIP e do Ceta”.


Nestes dous días, os participantes abordan tres dimensións da agraoecoloxía: a técnico-produtiva; a política e a socio-cultural e cada unha delas organízase en varias áreas temáticas. Na primeira das dimensións tratanse temas como o manexo agroecolóxico de sistemas; as estratexias para a conservación da biodiversidade ou a cadea agroalimentaria, distribución e conservación de alimentos. No relativo á dimensión política, debátese sobre o papel das institucións públicas como demandantes de alimentos; sobre a acción social e comunitaria para mobilizar recursos abandonados e construír solucións para a subalimentación; economía global e acción local e feminismo e agroecoloxía. Finalmente, no bloque temático centrado no eido sociocultural analízanse novas formas de coñecemento e de propiedade para a sustentabilidade; experiencias comunitarias de desenvolvemento humano e ética, epistemoloxía e educación para a agroecoloxía. O congreso comprende tamén catro grupos de traballo de temáticas específicas: Novos mercados de consumo de alimentos e metabolismo social; o sector público como demandante de alimentos; feminismo, agroecoloxía e coidados e agricultura social e terapéutica.

D. Xavier Simón Fernández
Profesor de Economía Aplicada, Universidade de Vigo

Inauguración do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía

Acto de inauguración

Xavier Simón Fernández - Profesor de Economía Aplicada

Potencialidades, desafíos e limitacións da investigación agroecolóxica

Intervención de Santiago J. Sarandón

Santiago J. Sarandón - Universidad de La Plata. Arxentina.

Historia da Agroecología en México

Intervención de Marta Astier

Marta Astier - Investigadora Titular do Centro de Investigacions en Xeografía Ambiental CIGA

Campesino a campesino

A construción de comunidades de aprendizaxe agroecolóxicas en México

María Virginia González-Santiago -

Agricultura campesina: Agricultura de re-existencia

Intervención de Sonia Irene Cárdenas Solís

Sonia Irene Cárdenas Solís - Estudante de doutoramento

Sobre a agricultura andina e a resiliencia frente ó cambio climático e a seguridade alimentaria

Intervención de Agapito Chuctaya Alccamari

Agapito Chuctaya Alccamari - Estudante

O problema ecolóxico como un problema real

Intervención de Aida Matos

Alda Matos -

Horticultura social e Terapêutica

Intervención de Isabel Mourâo

Isabel Mourâo -

MáisRural

Un programa terapéutico para a integración interxeracional

David Lema -

Terapia hortícola como ferramenta educativa, terapeutica e de participación social

Intervención de Inma Peñas e Leila Alcalde

Inma Peña Fuciños -

Cultivando o Clima e a Comunidade. 3C

Intervención de Damiana Conde

Damiana Conde -

O programa Verdear

Horticultura social no periurbano vigués

Manuel Antonio Rodriguez Iglesias -

Cultivando saúde

A horta como medio para a rehabilitación psicosocial en saúde mental

Estrela Gómez -

Presentación de Ana E. Hervás

Presentación de Ana E. Hervás

Agricultura Social e Terapéutica: Quenda de cuestións

Quenda de cuestións

Manuel Antonio Rodriguez Iglesias -

Proxecto "Campos de vida"

Producindo alimentos e biodiversidade

FIRE -

Mercados de produtoras locais no País Vasco

Valoración do seu impato económico e social en Gipuzkoa

Aintzira Oñederra - Economía Financeira II

Práticas de etnoveterinária no Nordeste Transmontano (Portugal)

Intervención de Zita Martins Ruano

Zita Martins Ruano -

EIM A Caracola

Más que comer

Beatriz Ferreira Varela - Diretora

Compra pública alimentaria

Oportunidade para os sistemas alimentarios locais

Irina Tasias Compte -

Comedor escolar

Motor para potencia-los alimentos de proximidade e ecolóxicos

Carles Soler -

Rede municipal de Comedores Escolares do Concello de Ames

Xestión pública e unha alimentación saudable e sostible

María Cecilia Rodriguez Borges -

O sector público como demandante de alimento. Quenda de cuestións

Quenda de cuestións

María Cecilia Rodriguez Borges -

O potencial da agroecoloxía para o benestar social

Un exemplo na illa de Tenerife

Irène Dupuis - Profesora na Universidad de La Laguna e Directora/consultora en Acanto Agroambiental

Agroecoloxía e educación

As horas escolares

Andrea Estrella -

O sistema agroalimentario: Unha mirada dende o metabolismo social

Intervención de Óscar Carpintero Redondo

Oscar Carpintero Redondo -

O sistema agroalimentario. Quenda de cuestións

Quenda de cuestións

Oscar Carpintero Redondo -

Espigoladors

De froitas e verduras imperfetas nacen segundas oportunidades

Gerard Pijoan -

Como prechar o ciclo dentro dunha Praza de Abastos

Un exemplo de Ultra_Alimento e Ultra_Tasca

Lucas Requejo -

A cadeia produtiva da Feira de Artesanato e Produtos da Agricultura Familiar

Construindo a partir da realidade vivenciada

Leandro Inakake de Souza -

Organicaçao cooperativa

Desafíos na comercializaçao de alimentos produzidos pela agricultura familiar

Horasa María Lima da Silva Andrade -

Mercados de terras...Construidos?

Unha xanela ás distintas facianas da realidade

María José Enriquez García -

Transición Agroecolóxica. Quenda de cuestións

Quenda de cuestións

Horasa María Lima da Silva Andrade -