A motivación da creación do premio Vida

1195 visualizacións 3 de dec. de 2013

Máis de 7000 persoas participan cada curso nas actividades do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo. Máis de 2500 fano nas ligas universitarias de baloncesto, balonmán, fútbol sala, fútbol 7 ou voleibol. As instalacións dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo son referentes nas súas respectivas cidades. Unha Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e un Máster en Xestión Empresarial do Deporte. Estes son só algúns dos datos que amosan como o deporte é unha peza fundamental na engrenaxe da vida académica e do camiño cara a excelencia universitaria, tal e como se puxo de manifesto na XXII Gala do Deporte Universitario celebrada o 3 de decembro no campus de Ourense. Foi unha gran festa na que a comunidade universitaria e a cidadanía en xeral recoñeceu, a través de diferentes premios, os logros e o esforzo dos deportistas universitarios e de persoas e entidades alleas que contribúen ao desenvolvemento desta práctica e dos seus valores.

Presenta: Tomás Alonso
Presentador, TVG
D. Ernesto Pedrosa
Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo

Apertura da gala

Tomás Alonso - Presentador

Recoñecemento aos medallistas dos Campionatos de España Universitarios 2013

Manuel Fernández Iglesias - Vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais

Premios federados por equipos 2013

Agustín Fernández Gallego - Alcalde

Premios federados individuais 2013

Bernardino González - Xefe de deportes

Premios á excelencia deportiva

Salustiano Mato de la Iglesia - Reitor

Premios á traxectoria deportiva

María Lameiras Fernández - Vicerreitora do Campus de Ourense

A motivación da creación do premio Vida

Ernesto Pedrosa - Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo

Premio á acción solidaria e premio Vida

Roberto Castro - Subdelegado do Goberno en Ourense

Discurso de peche do Reitor

Salustiano Mato de la Iglesia - Reitor