Benvida

16 visualizacións 6 de mar. de 2019

“Sangro cada mes para que a humanidade sexa posible. O meu útero é unha fonte de vida para a nosa especie escolla eu crear ou non. Pero raramente se entende así. Menstruamos e veno como algo sucio, enfermizo, unha carga coa que pretendemos chamar a atención. Como se este proceso fose menos natural que respirar. Como se non fose unha ponte entre este universo e o futuro. Como sen non fose un proceso de amor. Traballo. Vida. Desinteresado e sorprendentemente fermoso”. Con estes versos, inspirados no poema Period de Rupi Kahur, que ilustran o cartel co que a Universidade de Vigo celebra este ano o Día Internacional da Muller, comezaba este mediodía o acto central co que a institución académica festexa o 8M. Foi a cantante Sabela King a encargada de poñer voz aos versos cos que arrancou un acto no que a menstruación foi o eixo central e no que a ex directora da Unidade de Igualdade, Anabel G. Penín, recibiu o 7º Premio de compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo, uviguala 2019.

Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Universidade de Vigo

8M. Día Internacional da Muller

A ex directora da Unidade de Igualdade, Anabel G. Penín, recibiu o Premio uviguala 2019

Sabela King - Voz e ukelele

Benvida

Mónica Valderrama Santomé - Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais

Performance "Conax"

Sandra Varela - Artista ex alumna do Grao en Belas Artes da Universidade de vigo

A igualdade está de festa

Intervención da Directora da Área de Igualdade

Águeda Gómez Suárez - Directora da Unidade de Igualdade

Manifesto feminista elaborado por un grupo de alumnas representantes no Claustro da Rede de Estudantes

“O sistema educativo, a Universidade incluída, está estruturado de forma que lexitima a discriminación froito da sociedade patriarcal que sufrimos as estudantes”

Actuación musical de Sabela King

Tema: "Hiedra venenosa"

Sabela King - Voz e ukelele