Entrega de Premios de Excelencia Académica de Grao e Máster

6 visualizacións 28 de xan. de 2019

150 alumnas e alumnos da Universidade de Vigo recibiron este luns os máximos recoñecementos académicos que outorga a institución académica ao seu estudantado. Coincidindo coa celebración de San Tomé de Aquino, patrón da universidade, o salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolleu o acto institucional no que se procedeu á entrega dos premios extraordinarios de grao e doutoramento correspondentes ao curso 2017-2018; os premios á excelencia académica de grao e mestrado do curso 2018-2019 e os Premios Egeria de inclusión de perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e fin de mestrado. Manuel Reigosa, no seu primeiro acto de celebración de San Tomé como reitor da Universidade de Vigo, aproveitou para facer repaso dos feitos máis salientables do pasado curso académico e para agradecer os éxitos acadados nos ámbitos da investigación, académico ou de innovación, con especial referencia ás alumnas e alumnos premiados por que “fan universidade”.

Secretario xeral, Universidade de Vigo

Acto académico de San Tomé de Aquino 2019

O reitor repasou os eventos máis destacados do último curso e agradeceu os éxitos acadados

Miguel-Ángel Michinel - Secretario xeral

Entrada da comitiva académica

Mentras escoitamos o tema “Miña Almiña” de Son Trío con letra de Rosalía de Castro

Su Garrido Pombo - Voz

Entrega de Premios Extraordinarios de Doutoramento

Miguel-Ángel Michinel - Secretario xeral

Entrega de Premios Extraordinarios Fin de Carreira e Grao

Miguel-Ángel Michinel - Secretario xeral

Algunhas reflexións sobre o ano 2018/19

Discurso do reitor da Universidade de Vigo

Manuel J. Reigosa Roger - Reitor

"Gaudeamos Iguitur" e despedida do acto

Interpretado por Son Trío

Su Garrido Pombo - Voz