O grupo de investigación BITRAGA, integrado en BIFEGA organiza unha conferencia de Gustavo Sorá (CONICET, Arxentina e Universidade Nacional de Córdoba), antropólogo, especialista en Socioloxía da Tradución e membro correspondente do Centre de Sociologie Européenne. Nesta ponencia Sorá analiza, desde o marco do Sistema Mundial das Traducións, o poder desigual de linguas e mercados nacionais para a lexitimaren internacionalmente a palabra impresa, así como os obstáculos e manipulacións dos intercambios asociados á tradución de libros.