XXVII Gala do Deporte da Universidade de Vigo 2018

Entregáronse un total de 39 galardóns, entre otros os Premios á Excelencia Académica e Deportiva

121 visualizacións 21 de nov. de 2018

A Gala do Deporte Universitario leva 27 anos reivindicando o deporte na súa concepción máis ampla, recoñecendo valores como o compromiso, o traballo en equipo, a disciplina, a constancia, o sacrificio, a solidariedade ou os estilos de vida saudables. Así o resumía o actor Carlos Blanco, no inicio dun evento que se desenvolve no auditorio do Concello de Vigo. Blanco foi o encargado de presente unha nova edición da gala que contou como padriño co empresario Eduardo Vieira, impulsor da Vig Bay, cita que o vindeiro mes de abril cumprirá o seu vixésimo aniversario.

Presenta: D. Carlos Blanco
Actor, Actor con ampla traxectoria teatral e televisiva, así como de guionista e director. Foi presentador da Radio Galega e traballou en multitude de programas e series de televisión para a TVG. O papel que o deu a coñecer en Galicia foi o de Ladislao na serie Mareas Vivas (onde tamén exercía de guionista). Foi tamén presentador de diversos espazos da TVG. Participou en episodios de series de éxito a nivel nacional. Entre os seus traballos no mundo cinematográfico destaca unha pequena colaboración na película Volver, de Pedro Almodóvar. Así mesmo, resultou finalista do Certame de Monólogos de El Club de la Comedia no ano 2003.

XXVII Gala do Deporte da Universidade de Vigo 2018

Entregáronse un total de 39 galardóns, entre otros os Premios á Excelencia Académica e Deportiva

Gremlins de ciudad

Actuación do grupo Igloo

Igloo - Grupo musical

Premios os medallistas Individuais que participaron nos Campionatos Internacionais Universitarios no 2018

Natalia Caparrini Marín - Vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria

Premios equipos vencellados á Universidade de Vigo

Daniel Benavides - Delegado provincial de deportes

Mención especial ao persoal propio da Universidade de Vigo

Jorge Soto Carballo - Vicerreitor do Campus de Pontevedra

Olla pra min

Actuación do grupo Igloo

Igloo - Grupo musical

Discurso do Alcalde de Vigo

Abel Caballero Álvarez - Alcalde