Intervención de Juan Añel
A sede en Vigo da Fundación Barrié acolle o obradorio anual da Cátedra Fenosa, centrado nesta ocasión na descarbonización do transporte.
A conferencia plenaria correrá a cargo de Georgina Santos da Cardiff University. Editora das revistas Research in Transportation Economics e Transport Policy, exprofesora nas universidades de Cambridge e Oxford e no pasado membro do consello de economía do transporte da Academia de Ciencias dos EE.UU, analizará na súa conferencia os retos que se enfrontan na devandita descarbonización.
A continuación celebrarase unha mesa redonda na que tomarán parte representantes de Naturgy e da Autoridade Portuaria de Vigo entre outros.