Segundo turno de preguntas da segunda parte

721 visualizacións 11 de xuño de 2015

Tras tres anos de intenso traballo entre cinco departamentos da Universidade de Vigo, Revertia e EnergyLab, o proxecto EcoRaee conclúe cunha clara conclusión: a reutilización dos aparellos eléctricos e electrónicos é máis eficiente que a reciclaxe. Na actualidade, a meirande parte destes produtos son reciclados, fundindo as súas pezas para fabricar outros novos, pero moitas das súas compoñentes son altamente contaminantes. Organismos europeos estiman que o 4% do lixo xerado no continente é electrónico e calcúlase que para 2020 trataranse de forma inadecuada 4,3 millóns de toneladas cada ano de ordenadores, móbiles ou consolas. A reutilización xorde como alternativa ao proceso de reciclaxe, recuperando os aparellos, reparándoos e dándolles unha nova vida. Segundo as análises e demostracións levadas a cabo ao abeiro do proxecto EcoRaee nos últimos anos, non é só unha alternativa, senón que é un proceso máis eficiente e optar pola reutilización fronte á reciclaxe supón un aforro de 45 euros en custes ambientais por cada aparello tratado. Así o explicou José Antonio Vilán, comisionado para o Vigo Tecnolóxico, que fixo o balance final desta iniciativa xunto co reitor da Universidade, Salustiano Mato.

EcoRaee é o sexto dos 35 proxectos seleccionados na convocatoria 2011 do programa da Unión Europea LIFE+ dentro do subprograma de política medioambiental e gobernanza. Para os tres anos de duración contou cun orzamento total de 1.269.155 €, dos que a UE achegou 622.038 €. “O obxectivo era demostrar o proceso de reutilización de RAEE dirixido a propoñer políticas de regulamentación de conformidade coa lexislación da UE”, explica Vilán. Por parte da Universidade, participaron no proxecto cinco departamentos: Enxeñaría Mecánica, Enxeñaría Eléctrica, Enxeñaría Informática, Economía Aplicada e grupo REDE e Dereito Ambiental, xunto coa Oficina de Medio Ambiente.

Fonte: DUVI

Alejo Calatayud Álvarez
responsable de Comunicación, Revertia
D. Miguel Rodríguez Méndez
Investigador do proxecto Life+ecoRaee, Dpto. Economía Aplicada e Grupo REDE, Universidade de Vigo

Apertura da Xornada

José Antonio Vilán Vilán - 1º Comisionado do Vigo Tecnolóxico

El Real Decreto 110/2015 de 20 de febrero, sobre RAEE

Miguel Ángel Veiga Campo - subdirector de Residuos e Chans Contaminados, Consellería Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras

Turno de preguntas da primeira parte

José Antonio Vilán Vilán - 1º Comisionado do Vigo Tecnolóxico

Escalabilidad industrial de los procesos de reutilización de RAEE -

Alejo Calatayud Álvarez - responsable de Comunicación

Análisis económico de la reutilización de los RAEE e implicaciones políticas

Miguel Rodríguez Méndez - Investigador do proxecto Life+ecoRaee

Segundo turno de preguntas da segunda parte

Alejo Calatayud Álvarez - responsable de Comunicación

Balance del proyecto ecoRaee

José Antonio Vilán Vilán - 1º Comisionado do Vigo Tecnolóxico

Clausura del proyecto ecoRaee

Salustiano Mato de la Iglesia - Reitor