FINDE.U - Feira internacional do emprego universitario 2017

Abre portas ao teu futuro

735 visualizacións 9 de nov. de 2016

A Finde.U nace do compromiso entre as Universidades de Vigo, O Porto e Tras-Os-Montes e Alto Douro de traballar de maneira conxunta e coordinada na creación dun espazo de achegamento do talento universitario ao tecido empresarial non só en Galiza e o norte de Portugal, senón tamén nun marco internacional moito máis amplo.
Todas as accións da Finde.U son multisectoriais e están abertas á participación da comunidade universitaria con independencia da institución académica de orixe.