Intervención do presidente do Consello Social

71 visualizacións 29 de maio de 2018

A Universidade de Vigo convértese na primeira de España en elaborar un estudo sobre a situación laboral na que se atopan as e os egresadados saídos das súas aulas ao longo dos primeiros 25 anos da súa existencia. Estudo sobre a situación laboral das persoas tituladas pola Universidade de Vigo (1990-2015) é o titulo do volume elaborado polo ex reitor e responsable do Observatorio de Egresados, Luis Espada Recarey, xunto a Víctor Manuel Martínez Cacharrón, no que ao longo de máis de 720 paxinas debullan a situación profesional na que se atopan 10.748 persoas tituladas (58% mulleres e 42% homes) pola institución académica viguesa e que representan o 15% do total de 71.487 egresadas e egresados pola Universidade de Vigo no período 1990-2015. “Esta é unha historia da universidade a través dos ollos dos seus titulados, que nos proporcionan información sobre a formación recibida, o mercado laboral e empregabilidade, así como o seu grao de dispoñibilidade a colaborar e manter o contacto coa Universidade de Vigo”, explicou Luis Espada na presentación nun acto no que tamén participaron o reitor en funcións, Salustiano Mato e o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa

D. Ernesto Pedrosa
Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo

Intervención do presidente do Consello Social

Ernesto Pedrosa - Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo

Intervención do reitor da Universidade de Vigo

Presentación do libro "Estudo sobre a situación laboral das persoas tituladas pola Universidade de Vigo (1990-2015)"

Salustiano Mato de la Iglesia - Reitor