Do feminismo ao postfeminismo: vellos mitos, novas trampas
“A fenda salarial, a dobre moral sexual, os estereotipos de xénero que apuntalan as discriminacións verticais e horizontais, e un longo etcétera de evidencias”, explican desde o Grupo Sexualidade, Xénero e Saúde da Universidade de Vigo, contradín o discurso “que se intenta impor na actualidade de que os avances democráticos, nos países que se teñen producido, abren as oportunidades de elección das mulleres” e permiten a convivencia en igualdade. Para propor unha reflexión crítica sobre este discurso e sobre a realidade de xénero, o grupo organizou os días 7 e 8 de novembro as xornadas "Do feminismo ao postfeminismo: vellos mitos, novas trampas".