Benvida o acto e presentación dos poñentes

179 visualizacións 27 de feb. de 2018

Os ventres de alugueiro, tamén coñecidos por diversos eufemismos como maternidade subrogada, xestación subrogada ou xestación por substitución, son unha práctica profundamente lesiva para os dereitos das mulleres, e tamén das crianzas, dado que representan unha obxetivación, instrumentalización e mercantilización do corpo das mulleres, especialmente daquelas economicamente máis vulnerables. Esta foi a idea central que se transmitiu este martes na mesa redonda "Os ventres de alugueiro: mercantilización neoliberal do corpo das mulleres", unha actividade organizada polos docentes da Facultade de Filoloxía e Tradución Ana Bringas López e Robert Neal Baxter co patrocinio da Unidade de Igualdade.

Presenta: Dª Ana Bringas López
Profesora Filoloxía Inglesa, Universidade de Vigo