O profesor Giovanni Borriero, director do Centro de Estudos Galegos de Padua (Italia) visita a Facultade de Filoloxía e Tradución para impartir a conferencia Sobre a arte de Meendinho.
Borriero, quen na actualidade está metido de cheo na preparación dunha antoloxía de literatura galega en italiano, chega a Vigo convidado polo grupo de investigación Bitraga (Biblioteca da Tradución Galega) e será presentado polo profesor Xesús Alonso Montero, expresidente da Real Academia Galega.