Conferencia
Mozas mozos, persoal técnico, profesionais da saúde e da actividade física e do deporte e calquera persoa interesada pode participar na Xornada Preven-T que se celebra no edificio Miralles do campus de Vigo.
Organizada pola Universidade de Vigo e o Injuve, a xornada de promoción de hábitos saudables desde as primeiras etapas da vida inclúe a celebración de mesas cardiosaudables, unha sesión plenaria e obradoiros simultáneos nos que se abordarán cuestións como a xestión das emocións para o coidado da saúde, como facer deporte de xeito seguro e saudable ou a lectura das etiquetas de xeito cardiosaudable.