Quenda de preguntas da: Conferencia de reitores de Universidades do Noroeste / Conferencia de Reitores Universidades do Suroeste Europeo
Reunións da Crusoe e da Cruno na que os reitores de ambas conferencias comezarán a establecer as bases destas alianzas, os seus estatutos e a súa organización interna. As ordes do día das xuntanzas inclúen, por unha banda o debate e aprobación dos estatutos da Cruno, mentres que no caso da Crusoe, avanzarase no protocolo para a organización e gobernanza da rede de traballo.
Asisten: os reitores da universidades de Galicia, Castela e León (CRUNO)e o norte de Portugal(CRUSOE).