Concerto de Nadal 2016
Guadi Galego (Cedeira), unha das artistas máis relevantes da escea musical de Galicia, presenta no tradicional Concerto de Nadal da Universidade de Vigo o seu último disco, O mundo está parado, un traballo cheo de sensibilidade e intensidade. Nesta ocasión, Guadi estará acompañada no escenario por invitados como Abe Rábade (piano) Anxo Pintos (zanfona), Santi Cribeiro (acordeón), Anxo Angueira (escritor), Pablo Pascual (clarinete), Javier Ruibal (voz e guitarra) e Sonia Lebedynski (voz).