9º Congreso de Traballos Colaborativos
Grupos de alumnos de diversas
especialidades da Escola de Enxeñería Industrial colaborando con alumnos da
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo expoñen unha solución a un problema, sempre
tendo o foco nas necesidades do usuario.
Este tipo de proxectos intégrase dentro grupo Rede I+ S que investiga sobre
procedementos educativos innovadores que leven a unha mellora do rendemento
educativo do alumnado. Utilízanse para iso estratexias didácticas interdisciplinares
expondo proxectos a desenvolver entre diferentes titulacións. Isto supón a
integración e cooperación do estudantado que pertence aos diferentes graos e
achegan o seu coñecemento de forma común.