Debería legalizarse a poligamia entendida en sentido amplo como a posibilidade de que un suxeito se case con outros suxeitos do mesmo ou doutro sexo?
Arranca unha nova edición, a cuarta, da Liga de Debate que cada ano acolle a Facultade de Dereito do campus de Ourense. O alumnado de calquera titulación da Universidade de Vigo interesado en participar nela ten de prazo ata o luns 21 de novembro para apuntarse. Para facelo, o único requisito é formar un equipo dun mínimo de dous e un máximo de catro membros. “Os estudantes que participan cada ano rematan moi satisfeitos da experiencia porque ao mesmo tempo que se divirten fórmanse. Por este motivo, animamos a todo o alumnado interesado a participar nesta cuarta edición”, sinala Pablo Raúl Bonorino, profesor de Filosofía do Dereito responsable desta actividade.