As facultades de Dereito do campus de Ourense e de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo acollen as II Xornadas sobre Dereito Deportivo, que nesta ocasión dedicarán especial atención aos dereitos humanos. As sesións contarán coa participación dun amplo panel de relatores do eido académico e profesional.