"Cociña con Química", a cargo de Beatriz Sotelo Sequeiros, chef do restaurante A Estación (Cambre, A Coruña) e membro do grupo gastronómico galego "Nove".
Beatriz fixo as delicias da audiencia coa preparación dun completo menú, que incluía pratos como salmón marinado e afumado no momento, san martiño cociñado a baixa temperatura ou xeado de gin tonic, empregando técnicas e materiais propios dun laboratorio de química.