Intervención de Dª Maria Xesus López
Pontevedra acolleu a máis de 400 profesionais das ciencias do deporte no II Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e IV Seminario Nacional de Nutrición, Medicina e Rendimiento no Novo Deportista, un evento que pretende ser un foro de difusión de coñecementos científicos, técnicos e culturais relativos á actividade física. A iniciativa, organizada polo concello de Pontevedra, a Universidade de Vigo e o Grupo HI10 de investigación da Área de Educación Física e Deportiva, sitúase nos primeiros postos en canto a participación dentro do panorama nacional de congresos neste eido.