IV Encontro internacional sobre migracións e globalización
Achegar aos alumnos da Universidade de Vigo e o público en xeral, a problemática das migracións nun mundo cada vez máis globalizado, poñendo especial énfase nas migracións galegas en particular e nas españolas en xeral, así como no recente proceso inmigratorio a este país. Temén se fará fincapé no proceso de globalización que transformou o carácter das migracións internacionais provocando un forte impacto sobre as sociedades contemporáneas, a vez que estableceu novas pautas sobre as traxectorias laborais, o sistema de residencia e deu lugar a novos cambios na mobiliade humana, impondo unha nova dimensión cultural e política.