Propostas ecofeministas para transitar a un mundo xusto e sostible
As sociedades capitalistas construíronse de costas ás bases materiais que sosteñen a vida. Unha economía que prioriza o crecemento económico e a acumulación declarou a guerra aos corpos e aos territorios. A vida humana, como o resto do vivo, depende da biosfera, dos seus materiais e dos seus procesos, e tamén da gran cantidade de traballo e enerxía que supón ocuparse dos corpos vulnerables.