A poesía infantil. Música dende o colo materno. Clausura

582 visualizacións 9 de nov. de 2015

Por último, na sesión de “A poesía infantil. Música dende o colo materno”, Antonio García Teijeiro aproximou a poesía ao público asistente, arrastrouno a ler poemas e a perder o medo e resistencia que os/as docentes amosan por falta de formación ante este xénero literario. Explicou múltiples vías para chegar á poesía, recursos para os diferentes niveis educativos e técnicas para comezar a ler e traballar coa lírica nas aulas, amais de recomendar algúns manuais de uso ineludible, nos que se recollen os resultados dalgunhas experiencias postas en marcha por el mesmo.

Presenta: Don Antonio García Teijeiro
mestre e poeta
Modera Dª Isabel Mociño
Profesora, Facultade de Ciencias da Educación. Universidade de Vigo.