En crise, pero non por primeira vez. Para o profesor Fernando Ramos, a monarquía española está nun momento complicado pero antes houbo outros ao longo da historia, que foron facendo aumentar a desaprobación que os cidadáns teñen desta institución
Nestes tempos convulsos para a institución monárquica, o profesor Ramos considera errada a estratexia de comunicación e de protocolo da Casa Real, que semella “que aplica medidas paliativas, poñendo parches” en lugar de adoptar unha política comunicativa sopesada.