Distincións académicas do curso 2015-2016

789 visualizacións 27 de xan. de 2017

A Universidade de Vigo celebrou este venres o acto académico que, en palabras do reitor, Salustiano Mato, “permite visualizar os mellores valores que rexen esta Universidade: o traballo, a rigorosidade, a seriedade, o compromiso e a excelencia”. Co gallo da celebración do seu patrón, San Tomé, a institución académica viguesa entregou este mediodía ao seu alumnado os premios fin de carreira, grao e doutoramento do curso 2015-2016, así como os III Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero en traballos de fin de grao e mestrado, en total, preto dun cento de galardóns cos que a Universidade recoñece ao seu estudantado máis excelente. No acto celebrado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, 57 mulleres e 41 homes recibiron as insignias e medallas da Universidade que, asegurou Mato, “premia feitos, realidades, compromiso, seriedade, rigorosidade, traballo e excelencia”.

A secretaria xeral da Universidade, Gloria Pena, foi a encargada de dar lectura á relación de premiadas e premiados, que xunto a familiares e representantes da comunidade universitaria encheron os asentos do salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, no que tamén se deron cita representantes dos ámbitos político, social, económico y cultural galego. Xunto ao reitor, a vicerreitora de Organización Académica e Profesorado, Ana Graña; o conselleiro de Presidencia e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa e a vicerreitora de Estudantes, Dolores Álvarez foron os encargados de presidir o acto, no que o Coro Universitario interpretou as pezas musicais Cada noite e Desde el alma, ademais do Gaudeamus Igitur.

Presenta: D. Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo
Gloria María Pena Uris
Secretaria Xeral, Universidade de Vigo

San Tomé de Aquino 2017

Mato referiuse ao “traballo, o compromiso e a excelencia” como valores que rexen a institución

Gloria María Pena Uris - Secretaria Xeral

Apertura do acto

Interpretación de "Cada noite eu chorando pensaba"

Coro Universitario -

Distincións académicas do curso 2015-2016

Gloria María Pena Uris - Secretaria Xeral

Actuación do coro

Interpretación de "Desde El Alma"

Coro Universitario -

Discurso do reitor

Salustiano Mato de la Iglesia - Reitor

Peche do acto

Interpretación do "Gaudeamus Igitur" e desfile dos togados

Coro Universitario -