O alumnado reivindicou o papel da educación na loita pola igualdade
Reivindicar a educación como a chave para acadar unha igualdade real e efectiva. Esta foi a mensaxe que a Universidade de Vigo quixo lanzar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, no que a institución recoñeceu o labor da profesora de Ciencias da Educación e do Deporte María Álvarez Lires co quinto Premio de compromiso coa igualdade de xénero uviguala 2017.