Campaña promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística e integrada polas tres universidades galega. Nela participan investigadores/as de prestixio de diferentes ámbitos científicos, ten como principais obxectivos avalar a validez da lingua galega tanto para a docencia como para a investigación e contribuír á desaparición de preconceptos sobre as linguas.