Da ruina a filmina: un achegamento aos recursos audiovisuais na difusión do patrimonio galego

2902 visualizacións 7 de maio de 2012

En pleno século XXI, a Historia “está no medio” cando botamos unha ollada aos medios de comunicación. Este ciclo de xornadas xurde para crear un espazo onde analizar e debater a conexión da Historia con outras disciplinas, facer visible o papel do historiador no mundo actual e a configuración social dos discursos sobre o pasado como construción colectiva. O papel das novas tecnoloxías é crucial na construción do discurso histórico, da realidade social e o
seu impacto sobre a sociedade. As accións no ciberespacio están facendo mutar mesmo, o valor do patrimonio tanxible, polo que é fundamental valorar as ferramentas de transferencia de coñecemento e o protagonismo da cidadanía, non só como simple receptor, senón no propio proceso de construción do mesmo e na salvagarda do seu legado patrimonial. É momento fundamental tamén para tratar de evidenciar as metodoloxías da Historia e o debate sobre os criterios de cientificidade.

Presenta: Dª. Beatriz Comendador Rey
Vicedecana da Facultade de Historia do Campus de Ourense, Facultade de Historia, Universidade de Vigo
D. Abraham Herrero
Alumno 5º Historia, Universidade de Vigo

Presentación da Mesa Redonda

Beatriz Comendador Rey - Vicedecana da Facultade de Historia do Campus de Ourense

Apertura da mesa redonda

Beatriz Comendador Rey - Vicedecana da Facultade de Historia do Campus de Ourense

Presentación da Mesa Redonda

Laura Novelle López - Licenciada en Historia e DEA en Historia Contemporánea

A Galipedia como medio para achegarse á historia

Adrián Estévez - Colaborador e Administrador

Apertura da mesa redonda

Laura Novelle López - Licenciada en Historia e DEA en Historia Contemporánea