Actuación de Cinema Sticado

1074 visualizacións 15 de dec. de 2015

O proxecto de especialización articulado arredor das áreas estratéxicas da arte, comunicación e creatividade; educación, innovación social e xestión pública; deporte, saúde e benestar, e medio ambiente e natureza, e que engade ao seu nome o termo S2i ao apostar pola innovación social e sustentable, celebrou nesta xornada no Auditorio Afundación a súa posta de longo. Fíxoo nun acto conducido pola presentadora Marga Pazos, premio á mellor comunicadora nos Mestre Mateo deste ano e egresada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, no que a comunidade universitaria se viu arroupada por representantes institucionais e do tecido social, empresarial e asociativo da cidade. Entre eles, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; ou a alcaldesa en funcións, Carmen Da Silva.

Presenta: Marga Pazos
Periodista e presentadora da gala
Cinema Sticado
Cinema Sticado é un colectivo multidisciplinar de artistas que fai cinema en vivo., Cinema Sticado é un colectivo multidisciplinar de artistas que fai cinema en vivo. Interesados nas novas linguaxes narrativas o colectivo nace en 2012 co obxectivo de explorar as posibilidades expresivas que xorden nas fronteiras entre os campos escénico e audiovisual para contar historias no ámbito da representación en vivo e en directo. O noso traballo combina artes visuais, teatrais e performativas coa creación de audio e vídeo en tempo real (nada de material pregrabado) apoiándose no uso de cámaras, micrófonos e ferramentas propias programadas en software libre (pure data) para facer películas en directo e proporcionar ao espectador unha experiencia visual e presencial única e asombrosa. A nosa intención é, por unha banda, dotar dunha función presencial e evidente aos elementos da representación en vivo (actores, decorados, personaxes, sons, imaxe e tecnoloxía), e por outra, manter o fío dunha ficción á que o público -aínda que consciente de como se está xestando- non poida subtraerse. Paradógico dobre espectáculo co que estimular a imaxinación da audiencia dun modo particular e inspirar a reflexión. O núcleo do colectivo está composto por Xosel Díez -enxeñeiro e creador audiovisual- e Helena Varela -actriz de teatro e cinema- .