Intervención de Juan E. Pardo Froján
O máster en Enxeñería da Automoción preséntase como unha evolución do máster en tecnoloxías e procesos da industria do automóbil, título que foi creado no seu formato orixinal como resposta aos constantes cambios no sector da automoción que veñen observando nos últimos anos. Pola súa extraordinaria complexidade e alta competitividade, xunto cun elevado ritmo de innovación tecnolóxica, o sector precisa de profesionais cunha formación multidisciplinar e de alto nivel. Este máster responde a esta necesidade.