A teleformación representa unha alternativa pedagóxica para a formación continua e un eficaz complemento no ensino universitario. A conferenciante fará unha reflexión en torno ás achegas da telemática ao ámbito da formación e abordará a teleformación dende unha proposta didáctica baseada na aprendizaxe comprensiva e na construción dun coñecemento crítico.