Enerxía, materiais e medio ambiente

Semana da Ciencia 2008

10253 visualizacións 19 de nov. de 2008

A recuperación da forma orixinal dun envase de iogur, unha demostración de manexo de diferentes explosivos, tomas de imaxes cunha cámara termográfica, un levantamento tridimensional dunha parte dun edificio mediante escaneos cun láser 3D ou a fabricación de espuma foron algúns dos experimentos nos que participaron máis dun cento de alumnos de ensino medio nas instalacións da ETSE de Minas.