Divulgare.
Invasións biolóxicas. Mediante un vídeo de animación 3D o laboratorio de Ecoloxía e Evolución de plantas e o Grupo Divulgare da Universidade de Vigo pretenden mostrar as causas e mecanismos polos cales unha especie aparentemente estable no seu ecosistema natural pode ser unha "perigosa" especie invasiva cando é movida a unha zona distinta. Tamén mostra algunhas das consecuencias que este fenómeno pode ter sobre os ecosistemas e as infraestruturas do ambiente que colonizan. Esto é mostrado con un dos exemplos máis paradigmáticos de invasión biolóxica en España: o mexillón-cebra (Dreissena polymorpha).