Flashmob 25N: Día Internacional de loita contra a violencia de xénero

Reivindicando a forza da muller e o seu dereito a defenderse

5592 visualizacións 25 de nov. de 2013

Voz e música, Mercedes Peón.

Durante algo máis de dous minutos preto de vinte mulleres e nenas tomaron o Centro Comercial ao son de cadanseu xogo de chaves ante a atenta mirada dos que alí estaban xantando. A coreografía reivindica a forza da muller e o seu dereito a defenderse, empregando movementos que lembraban técnicas de defensa persoal e transmitían unha imaxe de determinación e de contundencia. Para pór toda esta coreografía en marcha, Lésbicas Creando comezou a traballar hai preto de dous meses coa Unidade de Igualdade da Universidade e con D-OUTRAS, a Aula de danza universitaria de Ourense e co espazo de Alfaia, Escola de Música e Danza de Compostela. A finalidade, buscar esa mensaxe diverxente sobre a violencia de xénero.

Unidade de Igualdade
Universidade de Vigo
Mercedes Peón
Voz e música
Lésbicas Creando
Coordinación y coreografía
D-OUTRAS
Aula de danza universitaria de Ourense e co espazo de Alfaia, Escola de Música e Danza de Compostela.

Flashmob 25N: Día Internacional de loita contra a violencia de xénero

Reivindicando a forza da muller e o seu dereito a defenderse

Unidade de Igualdade - Universidade de Vigo