Enerxía, Materiais e Medio ambiente: no horizonte

ETSE de Minas. Universidade de Vigo

1636 visualizacións 16 de nov. de 2015

Visita guiada de dúas horas e media polas dependencias da
ETS de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo accedendo ás
instalacións e diferentes espazos de aprendizaxe lúdico informal a modo
de museo interactivo relacionados coa súa investigación e docencia.

PROGRAMA 2015

Módulo eficiencia enerxética: emprego dunha cámara termográfica.
Charla na Aula de Grado da ETSE de Minas.
Módulo novos materiais: espuma, fotoelasticidade e deseño de plásticos.
Módulo tecnoloxía de explosivos: simulacións e vídeos.
Módulo levantamento tridimensional: láser 3D.