Vídeo Ideas for Ourense 2015

523 visualizacións 23 de dec. de 2016

O encontro que se celebrou no Edificio Politécnico do campus de Ourense tivo como padriño ao chef Pepe Solla e contou coa presentación de oito proxectos ou ideas de persoas que teñen vinculación con Ourense. Entre os participantes estivo Rubén Riós, actor, director de cine e emprendedor agroalimentario co proxecto Castañam, que engloba o gastronómico, o cultural, o turístico e o social. Tamén asistiu a Ideas for Ourense Almudena Ferro, traballadora social e monitora de tempo libre que traballa na asociación lisboeta Renovar a Mouraria.‬ Iago Novoa, arquitecto e deseñador gráfico falou pola súa banda do proxecto Vivir Vilamarín e María Selas e Patricia Sánchez, do Club Deportivo de Roller Derby de Ourense, explicaron diferentes actividades que realizan. No panel de relatores tamén estivo Modesto Corderi, que despois de vivir en oito países e de traballar na Embaixada de España en Pequín, é profesor do departamento de chino da Escola Oficial de Idiomas de Vigo.

“O evento está dirixido a todos aqueles que se sintan emprendedores, que queiran achegar ideas ou coñecer as que outros están desenvolvendo ou propoñen, sen limitacións de ningún tipo”, explica Xosé Rodríguez, coordinador de Ideas for Ourense nesta terceira edición.


Vivir Vilamarín

Iago Nóvoa - Arquitecto e deseñador gráfico

Marca Ourense

Brais Iglesias - Presidente

Renovar Ourense

Almudena Ferro - Técnica de apoio social

Castañam

Ruben Riós - Fundador de Castañam, actor, produtor