Roda de prensa realizada só unhas horas despois do lanzamento do satélite Humsat-D no cohete ruso Dnepr-1. Interveñen o Reitor da Universidade, Salustiano Mato; o coordinador do proxecto Humsat, Fernando Aguado; o Vicerreitor de Transferencia do Coñecemento, José Antonio Vilán; e Diego Nodar, que foi enxeñeiro no proxecto Humsat, despois da súa participación no proxecto Xatcobeo coma estudante.